PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE
CONCELLO DE AMES

PMUS AMES

O PMUS ou Plan de Mobilidade Urbana Sostible

É un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sostibles dentro da cidade, é dicir, de modos de transporte que fagan compatibles crecemento económico, cohesión social e defensa do medio ambiente.

O Concello de Ames considera a mobilidade urbana como un instrumento esencial para o desenvolvemento urbano da cidade e a mellora da calidade de vida dos seus cidadáns. Por iso, consciente da influencia que unha mobilidade eficiente, comprensiva e inclusiva ten nunha cidade, desexa mellorar substancialmente as condicións actualmente existentes na trama urbana e ordenar o crecemento da mesma a medio e longo prazo.

O modelo actual de mobilidade, que gravita de forma importante sobre o automóbil, é a orixe de numerosos impactos negativos relacionados co medio ambiente, a saúde e a equidade.

Por iso, o propósito principal do PMUS é afondar nun modelo de mobilidade que permita sentar as bases dunha cultura onde se priorice a proximidade e a accesibilidade.

O PMUS enmárcase na estratexia EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) de Ames. Plan Impulsa Ames 2020.

A EDUSI incorpora diferentes medidas en relación coa mobilidade sostible, polo que se trata, por tanto, dunha excelente oportunidade para que ambos os dous instrumentos de planificación vaian en consonancia e poidan levarse a cabo as medidas propostas.

Dende o Concello de Ames estase traballando na redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). O dito documento servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade que se realizarán no futuro neste municipio. O contrato forma parte do programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público recollido na EDUSI Impulsa Ames.

Este proxecto enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames, cofinanciado pola Unión Europea a través do FEDER, no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O servizo de redacción do PMUS está incluído dentro do Obxectivo Temático 4 de Cambio climático, da EDUSI Impulsa Ames, dirixido a “Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores”. Concretamente, enmárcase na liña de actuación número 4: programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público.  

Dende a Concellaría de Mobilidade preténdese mellorar a calidade de vida da veciñanza amesá, establecendo un cambio na forma tradicional de entender o espazo público no que o vehículo privado era o protagonista e toda a planificación urbana xiraba en torno del.

Na actualidade, esta concepción está a cambiar, ligada a dous conceptos fundamentais como son a MOBILIDADE, cada vez movémonos máis e máis lonxe, e a SOSTIBILIDADE, polo gran impacto que teñen as actividades humanas no medio ambiente. A partir destes conceptos xorde a necesidade dunha nova planificación urbana colocando como elemento central AS PERSOAS.

Para poder acadar este obxectivo precisamos da vosa participación, un PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) provoca un cambio no espazo público, no funcionamento das cidades, na vida das persoas… dende a busca de modos de transporte máis eficientes e menos contaminantes ata a creación de espazos urbanos seguros, eficientes e atractivos.

En definitiva, precisamos integrar a todos os axentes involucrados, comerciantes, estudantes, transportistas, crianzas… e entre todos estes actores o máis importante sodes vós: A CIDADANÍA. Por iso solicitamos a vosa participación, a través das enquisas que se realizarán, para que entre todos e todas fixemos as bases do espazo urbano no que queremos vivir de aquí en diante.

beatriz martinez

Beatriz Martínez Domínguez. Concelleira de Mobilidade

Un Plan de Mobilidade Urbana Sostible, PMUS é unha ferramenta de planificación estratéxica e un instrumento de concienciación e sensibilización para os cidadáns, administracións públicas e o resto dos axentes implicados na mobilidade.

Nun PMUS analízase e reflexiónase acerca de como é a mobilidade, é dicir, como se desprazan os cidadáns, permitindo determinar que medidas se considera necesario implantar para conseguir formas de desprazamento máis sostibles e seguras: modos de transporte que fagan compatibles crecemento económico, cohesión social e defensa do medio ambiente, garantindo, desta forma, unha mellor calidade de vida para a cidadanía.

“Aproveitar ao máximo o uso de todos os modos de transporte para garantir a mobilidade, a calidade de vida e a protección do medio ambiente”

Libro Verde da Mobilidade Urbana da Unión Europea

piramide mobilidade pmus ames

Por iso, o propósito principal do PMUS é afondar nun modelo de mobilidade que permita sentar as bases dunha cultura onde se priorice a proximidade e a accesibilidade sobre a mobilidade e o transporte, propugnando un modelo máis compacto que:

  • Satisfaga as mesmas necesidades con desprazamentos máis curtos e autónomos

  • Discrimine positivamente o transporte colectivo; modo que resulta máis eficiente desde o punto de vista enerxético, ambiental, social e económico que o vehículo privado

  • Dea un novo tratamento ao espazo público onde o peón sexa o protagonista

  • Contemple medidas de xestión da demanda que teñan en conta o investimento en infraestruturas para promover unha maior participación dos modos de transporte máis sostibles

  • Proporcione solucións de aparcamento de acordo coa mobilidade sostible

  • Impulse o tecido económico e empresarial local, a cohesión social e a defensa do medio ambente

Características do PMUS

Z

Eficiente

Mellor transporte con menos recursos

Accesible

Pensado e adaptado para todos

Integral

Abarca todos os modos de transporte

Sostible

Promove o desenvolvemento equilibrado de todos os modos de transporte, incitando o cambio cara aos modos máis sostibles

Vinculado

Cos plans, directrices e estratexias no ámbito municipal, rexional ou estatal

Flexible

Permite cambios en función das necesidades da cidade

Aberto

A  todos os axentes sociais e colectivos cidadáns en todas as fases do proceso

Estratéxico

Sen renunciar ao curto prazo, traza liñas de traballo a longo prazo para lograr unha visión consensuada da cidade

Dinámico

Cun plan de seguimento e avaliación que permite actualizar e mellorar o Plan de maneira constante

Beneficios do PMUS

reducción del tráfico pmus icono

servicio transporte colectivo

icono espacio publico ames

energias renovables ames

mejora accesibilidad icono

icono calidad ambiental

Fases

FASE 1

Recollida de información. Análise e Diagnóstico

FASE 2

Participación Cidadá. Contraste Diagnóstico

FASE 3

Propostas de Actuación. Borrador do Plan

FASE 4

Participación Cidadá Final

FASE 5

Elaboración definitiva do Plan

Participa

O cambio nos hábitos de mobilidade que se persigue co PMUS require da participación dos cidadáns

A túa implicación no Plan conta, xa que nos permitirá:

  1. Coñecer as túas preocupacións e necesidades.
  2. Obter unha visión máis completa da problemática da cidade.
  3. Unha mellor definición das actuacións.

¿Cómo Participo?

ENQUISAS

Resulta de gran relevancia coñecer os seus hábitos de mobilidade. Agradeceríamoslle que dedicase uns minutos para responder a enquisa de mobilidade de poboación residente en Amés

PÁXINA WEB

A través desta páxina web estarás puntualmente informado das accións relacionadas coa elaboración e participación do Plan de Mobilidade

CAIXA DE CORREO CIDADÁ

Poderás enviar comentarios y suxestións a pmusames@gmail.com

SESIÓNS DE PARTICIPACIÓN

A través dos diferentes colectivos relacionados coa mobilidade, poderase participar nas sesións de participación que se convoquen

Documentación

Diagnóstico

Diagnostico PMUS AMES

Medidas Propostas

Diagnostico PMUS AMES

Novas

logotipos impulsa ames ue y concello ames galego

PLAN MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE

CONCELLO DE AMES

icono fb rrssicono twitter rrssicono instagram icono telegram icono youtube

© Concello de Ames 2021

Web deseñada por Diter Consulting