O vindeiro luns 20 de setembro terá lugar o Acto oficial de presentación do PMUS Ames no que se exporán as conclusións e principais liñas de actuación do documento que recolle os programas e actuacións que serán levadas a cabo no Ames para mellorar a mobilidade do concello e contribuír na calidade de vida dos seus habitantes.

A convocatoria, que está aberta ao público en xeral, ten como obxectivo presentar o documento que recolle os programas e actuacións que serán levadas a cabo para optimizar a mobilidade do concello, que sen dúbida, contribuirán na mellora da calidade de vida dos seus habitantes.

No acto estarán presentes o Alcalde Blas García e a Concelleira de Mobilidade Beatriz Martínez quen expoñerán os detalles deste importante traballo de planificación e ordenación do concello.

 

Data: Luns 20/09/2021

Hora: 12:30

Lugar: Pazo dá Peregrina