Con motivo da redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, o Concello de Ames, a través da Concellería de Mobilidade, convocou dous talleres participativos, o luns 21 de xuño, no Pazo da Peregrina. En horario de mañá, convocáronse ás ANPAS e familias mentres que, o da tarde, estivo dirixido ao Tecido Empresarial e Taxista.Con estes obradoiros preténdeuse coñecer a opinión da veciñanza sobre as necesidades que se detecten no Concello de Ames en materia de mobilidade e como melloralas.

En cada sesión expositiva, cunha duración de 30 minutos, os asistentes aprenderon sobre que é o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), cal é o de AMES e cales son o seus obxectivos. Ademais, analizáronse os traballos de campo realizados, seguido do diagnóstico da mobilidade do Concello de Ames .

En canto as sesións participativas, de dúas horas, recopilaranse as necesidades, propostas de actuación, suxestións,…, tendo en conta os modos non motorizados ( peón, ciclista) e os motorizados (vehículos privados, transporte público e transporte de mercancías). Tratáronse temas como unha posible implantación dun sistema de transporte municipal sostible entre O Milladoiro e Bertamiráns, os sendeiros escolares en Bertamiráns e O Milladoiro e a améndoa central en Bertamiráns.

Para a redacción do documento PMUS é de gran importancia a opinión dos veciños e veciñas en todos estes aspectos e outras necesidades que se detecten no Concello de Ames en materia de mobilidade.